viernes, 8 de mayo de 2015

AS CAIXAS DO ABECEDARIO





               Caixa negra. Caixa B. Caixa C. Caixa de zapatos. Caixa de mistos. Moitas caixas nos arrodean. O que pasa é que as Caixas do Abecedario son as que realmente nos funden. Falar da caixa negra dun avión... malo!, accidente, xeralmente, mortal ó canto. As caixas de zapatos, xa o dicía Nancy Sinatra: son para camiñar. E os camiños tamén sabemos moi ben a onde nos poden levar. Hai camiños bos e malos, pero aí está o detalle noso: o de escollelos. Os que si escollen ben son, por suposto, os das caixas do abecedario, por agora B e C. Mais sei seguro que hai outras caixas máis, moitas máis. As caixas de mitos; a dicir verdade, estas xa case pasaron á historia. Agora úsase máis o chisqueiro e a electricidade. As caixas B e C son as que arman o auténtico barullo, son as que demostran que no noso país hai algo máis que unha mafia, sexa política ou sexa persoal. Moitos aínda non o queren ver, ou mellor dito, o ven, pero descúlpano, asimílano. É lei de vida, pensarán. Ten que ser así. Os pombos sempre traballarán para os aproveitados. E aquí paz e despois... gloria bendita! Para eles, claro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario