miércoles, 6 de mayo de 2015

A SEMENTE DA PERSOA


 
               A metade do planeta segue sen ter acceso á educación. Dato arrepiante, impresionante. De auténtica pena. Na educación é onde está practicamente todo, incluso ata a propia vida. Ante este dato, á maioría da xente a mente váiselle a África e ós países máis pobres. Mais ante unha análise profunda descobres que aínda hai bastantes zonas de países, que se entende subdesenvolvidos, nos que a educación brilla pola súa ausencia. Ante isto non che queda outro remedio que pensar que, case a outra metade, se dedica precisamente a amordazar, atar, censurar, botar para atrás a educación. Ou ben por medio de guerras, ou ben por medio de mentiras políticas, ou ben por medio de ditaduras que só pensan no seu benestar. A educación: a base dunha mente humana, a semente da persoa. Logo, o talo, a planta pode saír raquítica, torcida ou podre; pero se non hai semente é imposible que saia algo. Medio planeta está abandonado, semella un deserto onde ninguén quere espetar unha semente. Hai que saber que o deserto, se se coida, tamén dá o seu froito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario