martes, 12 de mayo de 2015

ENTRE LISTOS E PARVOS




               Dá un paso cara adiante e dous para atrás. Iso non é nada bo. Pero moitos o fan. É que hai moita xente parva. Moita. Tamén hai moitos listos soltos. Moitos. Algúns pensan que, por moito que corran, van chegar antes. Pois mira, debería ser así; que para iso corren coma galgos. O peor é se tropezan no camiño. Ah, iso é o malo. Hai tantos atrancos... Se tropezan levan unha boa esnafradura. Ou non. Imaxinade que caen sobre un lameiro cheo de herbiña verde. Aí dá gusto caer. Lembro de rapaz, cando xogaba de porteiro (quen non xogou de porteiro algunha vez na súa vida?), gustábame tirarme aínda que fose nun campo de terra, por exemplo, na Carballeira de Baños de Molgas, cómo non me ía gustar facer unha “palomita” no campo de herba de, por exemplo, Allariz (naqueles tempos era o único de herba en toda a contorna) Sabedes?; entre listos e parvos intenta navegar este relato. Dáme na espiña que naufraga, que nin o punto final o salva do afogamento. Normal, xa se sabe que os listos sempre venceron ós parvos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario