martes, 21 de julio de 2015

A RODA DE MUÍÑO



 
               Mido a distancia por se teño que fuxir. Así, a ollo, pouco máis de 50 metros. Estou a piques de roubar unha roda de muíño. Pesa de carallo. Mais confío en poñela de pé e que bote a rodar. “Rodar y rodar. Rodar y rodar. Después me dijo un arriero que no hay que llegar primero, pero hay que saber llegar”. Perdón, perdín un chisco o goberno. Pero que pasará se roda para abaixo? Para arriba xa sei que non podo con ela. Aínda así imos intentar poñela de pé. Vánseme as forzas pensando en se teño que fuxir. 50 metros son poucos, pero non teño as pernas dos 20 anos. Fago un pequeno esforzo e véxoo complicado. A roda de muíño pesa de raio. Ou de carallo, que máis ou menos é o mesmo. Fago outro esforzo. Xemo. Súo. Póñolle moito nervio. Nin tan sequera consigo movela unha milésima do chan. E se me pillan? Pero non todos os días se rouba unha roda de muíño. Tenso os músculos. Aperto o cu. E berro. Ondiá, teño a pedra de pé! Non o creo. Mentres miro para un lado polo medo de que me pillen, a pedra empeza a rodar. Non consigo detela. E co traballiño que me deu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario