Cada vez que o penso sóbenseme os
bemoles ás entrañas. Cada vez que penso que o suor do noso traballo vai todo
para os políticos é como para clamar ó ceo. Estamos a pagarlle a cinco
administracións! Concellos. Deputacións. Xunta de Galicia. Goberno Central. E
Comunidade Europea. Antigamente nin tan sequera cobraban os alcaldes. Agora
cobra todocristo. Desde o concello máis despoboado ata un conxunto de estados
membros de non sei qué. Algúns pensarán: eran outros tempos, agora hai outras responsabilidades
(que xeralmente se lle pasan a empresas privadas) Pero aínda así, quen os
mandou presentarse? E se queren un soldo por elo, hai a opción de facer unha
oposición. Concellos de menos de 2.000 habitantes e cobran practicamente todos!
O das Deputacións xa non ten nome. Iso si que é sangrante. Para que serven? Eu
sei ben para que existen. E vós tamén. Pero... Pero traballan os pombos para
que unha boa morea de políticos de todas as clases vivan como Deus á nosa conta.
Algún día todo isto rebentará. Seguro! E oxalá rebente. Xa estou ata os...
No hay comentarios:
Publicar un comentario