martes, 14 de julio de 2015

SUFICIENTES PARA O ESENCIAL



              Non sei se foron merecidas ou non. Pero coller, collinas. As vacacións. Nada, foron tan só cinco días xustos (por aquilo de se non as merecía). Pero suficientes para ver o esencial e incluso para fartarme delas. A ver, explico. Non son amigo das praias (queixámonos do sol e resulta que nos tombamos no chan para saír como dunha grella e enzoufados de area pegada na pel). Pero, polos rapaces… Eu son máis de paisaxes. Prefiro as Rías Altas que as Baixas. Aquelas pola paisaxe e escapo destas pola aglomeración da xente. Así é que levo xa moitos anos (cando as collo) tirando de Muros para arriba. Este ano tocou a aldea de Panchés, moi preto de Pindo ou do monte Pindo, no concello de Carnota. Aí estivo unha das cousas esenciais: a subida ó monte Pindo (que merece un relato á parte). O último día chegou outra esencialidade: a fervenza do río Xallas e a subida ó miradoiro do Ézaro (outro relato). E, por suposto, non podían faltar as vistas ó monte Louro e, faltaría máis, a máxica, peregrina e impresionante chegada á fin do mundo, a Fisterra, onde a ollada vai ata o infinito e máis alá. Son de paisaxes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario