jueves, 16 de julio de 2015

SALVANDO OBSTÁCULOS, E SUBINDO


                        O prometido é débeda. Prometín que o monte Pindo merecía un relato. Meréceo. Imos alá. Non é que madrugásemos moitos para realizar a subida, pero si sabiamos que tiñamos o tempo que fixera falta para levala a cabo. Tiña referencias de que era espectacular, pero non sabía nada máis. Nin a altura, nin a quilometraxe, nin o que encontraría polo camiño, nin o que había arriba, nin nada de nada. Saímos ás once e axiña vimos que habería que suar. Nos primeiros metros, os típicos comentarios: a gran pena, a gran putada do incendio que asolou todo o monte no 2013. Despois xa, cada un ó seu, é dicir, a salvar obstáculos e subir, máis atrancos e subir, a salvar pedras e subir, máis penedos e subir, por un carreiro tan irregular como matador. Cando chegamos arriba, á A Moa, souben o motivo da subida: a espectacularidade das vistas, a perigosidade do nordés e a marabilla da meta. Chegaramos! Foron 654 metros de altitude (segundo un panel) en dúas horas, o que dá a entender o empinado do carreiro. Tocaba baixar. Sempre se dixo que é máis incómodo baixar que subir. Moito máis! En cada golpe de talón estreméceseche todo o corpo. O sol queimaba. Chegamos ó coche ás catro. Cinco horas xustas. Canso, pero feliz. Eu. Os rapaces… pobriños, din que nunca máis volverán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario