viernes, 3 de julio de 2015

FUXIR COMA DO LUME



              As tardes de verán adoitan ser malas para calquera que traballe ó aire libre. Para Damián Reloxo Horemus son peores. Porque Damián é un lacazán; cando hai que traballar foxe coma do lume. Damián, O Lóstrego, é fillo de Efrén Reloxo Malote, O Nugallán, e de Sabina Horemus Relativa, A Desganada. Polos alcumes ten a quen saír. Fillo de porco, marrán seguro. Porque o de Lóstrego venlle de que tan axiña como oía algo dunha aixada ou dun sacho, zas, dáballe sebo ós pés ou marchaba coma o peido do cu. O alcume do pai non hai que explicalo. Todos sabemos o que é a nugalla. E o alcume da nai máis do mesmo. Quen traballa entón? Imaxino que o pombo. En todas as familias hai un pombo. Como en todos os países hai pombos que traballan para os “listos”. Damián Reloxo, O Lóstrego, fuxe coma do lume. Ás veces penso se non será el o listo. El senta no mazadoiro e bérralle á nai de que vai unha calor de inferno, que xa irá mañá cedo cavar. Pero a Damián gústalle máis a cama que lle desgusta o traballo. Chámalle parvo ó homiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario