lunes, 20 de julio de 2015

RIZAR O RIZO



 
               Rizar o rizo é como facer practicamente o imposible. Parvadas! O imposible non existe. E non todo o mundo ten o pelo rizo. Digo eu que o de rizo vén diso, do pelo, non si? Non sei; ás veces penso cada cousa... Como o de imposible. Home, algo haberá que sexa imposible levar a cabo. Por exemplo, eu mesmo; é imposible que eu sexa rico. Porque non son ladrón. Porque non son político. É un dicir, oh, é un dicir. Que ninguén se me enfade. Ultimamente xa non sei lanzar indirectas. É imposible que eu me achegue ata Marte. Queda moi lonxe. Emporiso, á Lúa... non digo nada. Vai ti saber. A Lúa é un caso á parte. Véxoa aí tan cerquiña. Non sei, seméllame un paseo. Un paseo galáctico, pero paseo. Iso é!; rizar o rizo é querer ir a Marte e quedarse na Lúa. Xa está. Asunto resolto. E non é ningunha parvada. E non teño o pelo rizo. Rizar o rizo tamén é escribir relatos que rizan o imposible da comprensión, do estilo, da chulería, do esperpento, da realidade, do descaro e da desvergonza. Que se lle vai facer! Rizar o rizo ten o seu aquel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario