No país da liberté, égalité,
fraternité tamén cocen fabas. Francia é como España, como Arxentina, como
Estados Unidos, como Sudán e como Mongolia. Ni máis nin menos. Se hai que lle
bicar o cu a algún poderoso, bícaselle e punto. Nin liberdade, nin igualdade,
nin fraternidade, nin rabo de gaitas. Resulta que, así, polo bóbilis-bobis, os
franceses pecharon toda unha praia para que gozara dela, para que pasara, moi
comodamente, as vacacións un rei saudita. E non contentos, mediron 300 metros
mar a dentro e dixeron: ata aquí chegamos! E logo!, a pasta é a pasta, o poder
é o poder. Os veciños de Vallauris, lugar que queda moi preto de Cannes, que se
despracen a outra, e que non rosmen. Se rosman igual lla expropian todo o ano.
Que un xeque árabe non é moco de pavo ou cagallóns que se encamban. Trae moitos
cartos e con eles mércanse moitas fabas. En todos os sitios cocen fabas. En
Francia tamén. O de liberté, égalité e fraternité queda moi bonito para a
galería e para a publicidade francesa, pero en realidade... poderoso cabaleiro
é don diñeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario