Quere
chover sobre a conciencia dunha folla seca, pero é o sol o que asoma
por entre unhas enxivas
vermellas.
Cantas
veces desexamos o que non podemos ter! Canto silencio hai nun
pensamento que vai e vén polos carrís,
polas
relleiras
dunha memoria chea de retranca ou de desolación. Sempre temos un
lado escuro no máis profundo da alma ou unha estrela que brilla
debaixo dunha almofada. Como se ve, hai para dar e tomar. Adoitamos
lanzar sorrisos ó vento cando nos negamos a ver bágoas nunha
soidade branca.
É complicado saber de que color é a soidade. Para a gran maioría quizais sexa negra. Porque hai poucos que busquen a soidade eterna. Si, ás veces buscamos eses momentos de señardade nos que o silencio se deita sobre a mente dunha aflición, dun deleite. Pero son tan só momentos, instantes, ocasións. Quizais a soidade sexa incolora. Quizais. Pero máis dunha vez queremos trotar por entre os campos verdes dunha ilusión que foi, que é e que quizais sexa. Aínda que o amarelo dun soño se bote fóra do arco da vella para chamar a atención, para presumir dunha primavera en pleno inverno. Sempre haberá colores que canten un kirieleisón pola esencia dunha ansiedade que temos metida no corazón.

Finca
Fierro. Luns, 18 de marzo de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario