Case
se pode dicir que todos os días (polo menos os laborais) teño que
percorrer o traxecto da N-525 que vai desde o cruce con Marcelo
Macías ata o Polígono de San Cibrao, uns nove quilómetros ou dez,
tanto de ida como de volta. Pois ben,
desde
hai un tempo para acá, uns meses, cada vez que paso por ese
traxecto, ou sexa, dúas veces ó día, sempre, pero sempre me acordo
da miña etapa de neno, de cando nos puñamos a mexar polos camiños
e faciámolo, claro está, andando. Xa
sabedes, o risco que deixaba en zigzag a urina
porque o movemento facía mover á... E
á miña memoria non lle queda outra que trasladarse ós anos 60
porque nese traxecto (e imaxino que moito máis alá, tanto cara Vigo
como cara Benavente) a alguén se lle deu por asfaltar as
gretas
tal como mexabamos os rapaces. Agora vou co coche e, zas, “as
mexadas dos nenos”. Así lle chamo a esas marcas que van en zigzag
por toda a estrada, tanto por un carril coma por outro. É dicir, ou
sexa, os típicos parches cos que se adoita tapar o desastre. E
non aprenden! Sempre é o mesmo: un pobre parche que con catro pingas
de auga e dous graos de temperatura rebenta xa porque ten que
rebentar. Mañá volve tocar sorrir cando vexa as mexadas dos nenos
pola N-525. País!
Finca
Fierro. Luns, 25 de marzo de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario