Que
ten a política, que ultimamente todo o mundo quere entrar nela?Estes
días xa me aburren
os xornais
porque
lles dedican páxinas e máis páxinas á precampaña electoral. Non
digo nada cando se inicie a propia campaña. Que ten a política, que
xa
me perdo con tantos partidos.
Si, é bonito que na democracia non sexan tan só dous. Pero chega un
momento en que, entre tránsfugas duns e rupturas
doutros, xa non sei que candidato está en cal partido ou por que
partido vai tal candidato. Que
ten a política? Ten unha poltrona moi cómoda na que, algúns,
collen algo de poder e, a maioría, un soldo sen case dar golpe. Ou
sen case. Por que hai cada candidato... Algúns incluso deberían ser
censurados.
Pero
non. Hai outras censuras que arreguizan.
Rectifico; a min xa non me chaman a atención. Porque xa hai moitos
anos que digo que, na democracia, hai tanta ou máis censura que
houbo na ditadura.
Nesta, como sabías o que había, xa procurabas non dicir o escribir
certas cousas. Na democracia, pensado que es libre, libre de verdade,
dis ou escribes cousas que axiña notas o golpe ese coma o que se lle
daba ós coellos cando os matabas; ou sexa, que te censuran de tal
maneira que ata chegas a pensar que, para escribir, mellor noutros
tempos. Porque a min que ninguén me diga que a actuación da Xunta
Electoral de Barcelona é lexítima, legal e oportuna logo de
prohibirlle ós medios públicos cataláns TV3 e Catalunya Radio as
expresións “xuízo á represión” ou “presos políticos”.
Para
un servidor, iso é peor cá censura. Iso é un acoso puro e duro
como Maduro lle fai a Guaidó, inhabilitándoo durante 15 anos para
exercer cargos públicos. Aquí hai dúas varas de medir: o da Xunta
Electoral aplaudímolo e o de Maduro condenámolo; cando tanto unha
coma o outro son reprimendas ou prohibicións ou inhabilitacións.
Dúas
varas de medir coma dous mundos. Case 500 mortos en Mozambique polo
paso do ciclón e case non souben del porque os medios de
comunicación pódese dicir que pasaron sobre el con
pés de la.
Se fora nun país “auténtico”,
estudarían o ciclón, o país, as xentes do país,
o remuíño
do ciclón, a intensidade do ciclón e a rotación do ciclón. Pero
Mozambique
é un país africano e queda no quinto inferno.
Finca
Fierro. Sábado, 30 de marzo de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario