Estaban
todos tumbados sobre un penedo do alto da Chaira.
Uns
miraban para Barricobos e dous ou tres con dirección ós Poulos,
aínda que os amieiros da Porfía non
deixaban ver gran cousa;
tan só quedaba a intuición. Todos estaban esperando o
Rañoso. Facía unha hora que se soubera que fuxira do cárcere de
Pereiro, onde levaba cinco anos porque dixeran que matara a un
forasteiro
(algo máis alá do Padornelo)
que pululaba por Baños de Molgas.
Quen lanzou o bulo foi o gran cacique da vila (ó que lle chamaban así, O Cacique), aínda que moitos veciños non pensaban da mesma maneira. Pero o que manda, manda. Como estaba a mandar agora sobre os que estaban tumbados no penado da Chaira. Mal pensaban estes que O Rañoso asomase polas Corgas. Apegouse ó muro do campo de fútbol e achegouse, con moito sixilo, a uns 25 metros tan só de onde estaban “os mandados”. Colleu folgos, púxose de pé, berroulle ós apostados no penedo, baixou o pantalón e ensinoulles o cu. Logo soltou gargalladas a treo ó mesmo tempo que exclamaba: “dicídelle ó Cacique que me veña bicar o cu, que teño paxariños”. E cando os “tumbados” quixeron reaccionar, xa O Rañoso botara a correr pola Parrumeira abaixo e cruzou o río Arnoia todo feliz e contento.

Finca
Fierro. Domingo, 24 de marzo de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario