Canto
por cantar, pero non sei cantar. Xa mo dicía miña nai. Aínda que,
hoxe en día, parece que canta todo o mundo. Todos saben cantar.
Desde
un “resistiré” ata un “libre” e
pasando incluso por unha rancheira. Eu cantaba moito de pequeno, de
rapaz, de cando ía para o monte coas vacas. Por iso a nai me dicía
que non sabía cantar. Porque me tiña que aturar sempre. Andabamos
sementando nas patacas e eu dálle que dálle con Camilo Sesto ou
Víctor Manuel. Andabamos xuntando na herba ou collendo a ferraia e
eu veña que veña con Karina ou “A saia da Carolina”. Ó volver
á casa coas vacas desde o monte Medo, a uns tres quilómetros,
aquilo xa era un puro concerto ó aire libre. Percorrer tres mil
metros ó paso das vacas dan para moitas cancións.
Claro que eses concertos, principalmente os do Medo, non sei agora mesmo se era polo gusto de cantar ou por escorrentar o medo. Porque a miña fama, o meu gusto era chegar canto máis tarde á casa, mellor. Por presumir un pouco. Aínda que me cagase de medo. E entraba en Baños de Molgas, pola Cagalla, a pleno pulmón e con risco de espertar xa a aqueles veciños que se deitaban coas pitas. De rapaz cantaba moito, sen vergoña. Agora o rubor non me deixa porque lle dou a razón á miña nai: non sei cantar. E cantar por cantar tampouco é. Aínda que algúns canten hoxe a esgalla. Que digo algúns... moitos! Tamén é verdade que é moito mellor cantar que chorar. Aínda que se cante mal. E se cantamos para aliviar as penas, ben cantado está e ben cantado queda. Cantemos todos.

Finca
Fierro. Martes, 14 de abril de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario