Vou
loitar contra as adversidades dun tempo que non remata, pero ó que
vencerei. Vístome co traxe de Batman e voo polas noites escuras na
procura dese inimigo invisible que nos está matando.
De
tellado en tellado chouto con xenreira e, ó mesmo tempo, cun sorriso
nos beizos. Porque sei que como atope esa adversidade que nos amola
penso rillarlle a alma. Son o Batman das noites sen ninguén polas
rúas. É complicado atopar o mal. Pero buscareino por entre as
antenas da capital. Acougarei nos balcóns para berrar, para cantar e
para pensar nesa adversidade á que quero matar. Matarei por ti, por
aquela e polo outro. Matarei porque teño armas sofisticadas. Porque
son o Batman deste tempo escuro, deste tempo turbio, deste tempo que
nin corre nin voa, deste tempo que non se move. Xa farei eu que se
mova. Que
se mova por entre as rúas do silencio, por
entre os balcóns dos aplausos e por entre as tristes caras da
ansiedade.
Vou loitar con forza e moita bravura porque todos temos dereito a un mañá, a un futuro sen practicamente adversidades. Subo ó batmóbil para percorrer as distancias entre o ben e o mal. Furgo en cada recanto para facer luz na escuridade e aproveitar para deixar un recordo en cada curruncho. No día de mañá, os recordos escribirán a historia dunha loita sen cuartel contra unha adversidade que nos pillou un pouco desprecavidos. Pero vencerémola, vencereina, que para iso son o Batman deste tempo escuro, deste tempo que, o maldito, non quere rematar. Rematará.

Finca
Fierro. Mércores, 1 de abril de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario