Raspado
en matemáticas, suspenso en relixión, cero en conduta. A miña
vida, así, non pode ser produtiva. Non me queda outra que marchar,
que emigrar. Teño que optar entre Pasadena ou Berkeley, en
California. Alá penso estudar Filosofía e Letras. Filosofía
para inmiscirme,
entremeterme
no pensamento filosófico de Donald Trump e Letras para analizar as
súas frases ó estilo de Mariano Rajoy, xunto coa análise química
da lixivia. Sei
que Estados Unidos dá moito de si. E Donald Trump é coma un libro
aberto para examinar. Espero, confío e desexo que ós ianquis non
lles importe nin
lles altere moito a miña conduta. Son recatado por natureza, pero ás
veces, algunhas veces confundo os cables do meu cerebro e intento
conectar o azul co vermello. “La cagaste, Burt Lancaster”, como
diría aquel.
Mentres preparo a maleta, opto por ir a Pasadena. Non sei, semella que a palabra é máis nosa que Berkeley. Por veces son así de raro, ou de ridículo. Noto un presaxio e, zas, xa está, isto fago ou para alá vou. Cando pise terra ianqui soñarei co Gran Canón, coa Ruta 66 e co Monument Valley de John Ford. A ver, tampouco é coma para poñerme a estudar ó momento. Os raspados, suspensos e ceros non se acadan polas ansias de estudo, todo hai que dicilo. Primeiro farei un pouco de turismo e logo, si, despois de dous ou tres meses, metereime a fondo na análise filosófica do remuíño cranial de Donald Trump. Este penso que dá para un bo estudo, para unha tese polo menos. Collo o avión e marcho a examinar a psicanálise ianqui.

Finca
Fierro. Martes, 28 de abril de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario