Contemplo
a inocencia dun pardal mentres penso que este xoves si resplandece
máis có sol. Pero non é Xoves Santo. É un día máis de encerro
que levo coma sempre: lendo, durmindo, comendo, escribindo,
escoitando
música
e, pola noite, algunha película caerá. Escoito
o canto dun grilo e soño coas noitiñas de cando andaba coas vacas
no monte de Pinouzos. Deixo correr os pensamentos polas augas mansas
do río Arnoia, pero o meu corpo senta ante a pasarela que cruza ás
Mestras. Tarde de silencio nun compás de espera. A rula aniña na
matogueira dos meus soños. Quen me ía dicir que miraría de
esguello os catro puntos cardinais. Non sei, imaxino que sería tan
só para saber a dirección que tomar. Son
cu de mal asento. E non aguanto cinco minutos sentado. Así é que
ergo e sigo río abaixo, ou sexa, cara ó oeste.
Ó chegar ó muíño imaxino que sigo ata a ponte das Cepas, pero non vou. Simplemente non me apetece. Bastantes veces fun ó muíño do Dositeo como para volver se non teño ganas. Ás veces non son o heroe ese que anda pola vida arranxando os agravios ou as aldraxes. Por veces son o heroe cómodo que deita sobre a nugalla dunha acción ou dun acto ou dun feito ou dunha obra. A verdade: moitas veces non sei quen son. Pero chégame con ser aquel que contempla a rula e vendo como esta olla para min. Volvo ó punto de partida, é dicir, o de que o sol segue a alumar e a que xa rematei con outra das facetas diarias: a de escribir. Agora tocar tomarlle un cafeciño e poñerme a ler, que para iso é o día do libro.

Finca
Fierro. Xoves, 23 de abril de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario