Poño
que é mércores 29 de abril para saber en que día vivo.
Nesta
época que estamos vivindo, moitas veces teño que pensar
intensamente para situarme no día exacto. Boto man dun calendario e
de que me vale se non sei que
día estou buscando.
Que importa que sinale tal ou cal día se non sei se é martes,
mércores ou xoves. E iso
que
non debería ter moitos problemas a este respecto, pois son deses que
datan moitas cousas: se vexo unha película (e practicamente véxoa
todos os días) levo un listado no que anoto o día, a canle e se a
vin en versión orixinal subtitulada; levo
algo así coma unha axenda ou diario no que vou día a día anotando
o que
haxa que anotar;
e practicamente veño escribindo algo todos os días para este xornal
no que, cando gardo os escritos para min, anoto onde
os escribín e a data. Ou sexa, que debería non errar nunca na busca
do día no que vivo. Pois hoxe tiven que pensar moito e preguntarlle
a un fillo cando estabamos xantando se era mércores ou non.
É mércores, 29 de abril. Non queda outra que darlle a razón a Joaquín Sabina; que este ano roubáronnos o mes de abril. E a primavera no Corte Inglés. Non somos ninguén! Eramos felices e non o sabiamos. Non obstante, esta felicidade axiña volverá á nós. Como volverá a rutina á nosa vida e con esta non queda outra que programarse (estes días tan só nos programamos para asistir ás cociñas, ós salóns e ós dormitorios), e xa programados, que remedio queda en botar mellor man do pensamento para saber en que día vivimos.

Finca
Fierro. Mércores, 29 de abril de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario