lunes, 13 de abril de 2020

ANSIEDADE LECTORA

E agora que? Todos os libros que pillei en préstamo da biblioteca da Valenzá xa os lin. E este asunto do coronavirus leva toda a pinta de prorrogarse aínda máis, polo que alá nos imos ós dous meses de encerro. E se non mes lin cinco libros, agora que? Porque, a min, ler dixitalmente non me vai, non me cadra, nun me gusta. Menos mal que acabo de rebuscar por uns estantes que teño no salón e atopeime con tres fotocopiados. O de estar fotocopiados n porque hai anos alguén mos mandara por correo electrónico. Pero só son tres. Ó rematalos, tan só me quedan dúas opcións: ou ben trago fel e leo algún dixitalmente, ou ben subo ó faiado e, alí, entre as cento e pico caixas que teño cheas de libros, reler algún ou algúns. Si, xa sei que podo mercar algún nos quioscos, pero serían algúns e a economía anda como anda.
As bibliotecas, nestes casos, deberían deixar traer carretillas de libros para as casas, para os que estamos lendo todo o día. Mira que intentei alongar os últimos dous libros á conta do trivial. Entre capítulo e capítulo xogaba ó trivial para que a lectura do libro me levase máis tempo. Se non fora por iso xa os remataría polo menos unha semana antes. E iso que practicamente tan só leo polas tardes, xa que polas mañás entre que me levanto tarde (nunca antes das dez e media) e entre que leo este xornal, case non abro o libro; ou como moito un capítulo mentres serve o xantar. Pero este encerro por culpa dese bicho malnacido é longo de carallo. Empezo a padecer ansiedade pola falta de libros.

Finca Fierro. Luns, 13 de abril de 2020

No hay comentarios:

Publicar un comentario