jueves, 19 de mayo de 2022

COMA LOBOS

Hai que andar coma o gato polas brasas nisto das investigacións. Algúns deses que van de listos pola vida botáronse a min coma lobos porque onte tardei en decatarme de que o cadáver que atopara na carreira do Caneiro era dun negro, dun home de color. Un despiste teno ata o máis superdotado! Ademais, hai que lembrar que actúo sempre só. En algunhas mentes humanas non hai compaixón ningunha. Non pensan para nada que ata Sherlock Holmes tiña a man a Watson, ou o Batman a Robin, mesmo o Iron Man tiña á súa beira a Michael Caine ou Morgan Freeman. Non digo xa nada de toda a Marvel botando man de toda esa camándula de heroes. Que son eu só, carallo! A maiores de que, non dixera que o cadáver estaba nunha rara posición? Non era tan fácil ver que era negro! Viuno o garda civil porque xa lle coñecía as vestimentas. Que foi un pequeno despiste, por Deus!


Si, agora moito botarse a min coma lobos, pero ben que me chamaron para que fose matar indios que se acochaban detrás das xestas do monte Medo, ou que me largase a Ucraína para liquidar rusos e destruír os seus arsenais, ou que me tire días e días de espía nas escaleiras da burga de Baños de Molgas e que lles vaia co conto de todo o que se di e acontece.

Pois xa veredes, agora que saben que teño o traxe de astronauta no faiado, non tardarán en pedirme que vaia exterminar alieníxenas por todo o universo. Coma se o estivera vendo...


Café A Pedreira. A Valenzá. Mércores, 18 de maio de 2022

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario