miércoles, 18 de mayo de 2022

O CADÁVER

Receille tres responsos e unha ave maría. Ó cadáver que atopei na carreira que vai ós Caneiros. O cadáver érame descoñecido. Tamén era raro. En todo. Sen ser un extraterrestre, semellaba un alieníxena. Incluso era rara a posición na que se atopaba. Nin tan sequera nas películas aparecen desa maneira.

No segundo responso meteuse polo medio unha canción de Paquiño Sinatra e, malditas coincidencias, na ave maría foi Charlie Santana o que soltou uns acordes de guitarra polos meus auriculares.


Antes de chamar á garda civil, eu mesmo empecei a acordoar a zona. Con arame de espiño. Porque sei que a xente é moi curiosa e o cadáver non estaba en situación de ser visto por ollos inexpertos. Salientar aquí e agora que eu son o profesional para todos os asuntos estraños que acontecen en Baños de Molgas. Dicir que no caso que nos ocupa, eu non andaba por esa labor. Simplemente que me dirixía a ver os castiñeiros que o irmán máis vello ten no Caneiro. O encontro co cadáver foi fortuíto. E como católico, apostólico e galego que son pois que menos que unhas pequenas oracións. O cadáver é descoñecido, pero ante todo, un respecto.

Estirando o arame foi o Melendi o que quixo alterarme os nervios. O que me facía falta! Porque xa me empezaba a poñer nervioso. Pois non avanzaba nada na investigación. Foi un dos gardas que, cando chegaron, confesou que era o Silabario Bendito, un africano que acababa de chegar en patera. Aí caín na conta de que o cadáver era negro.


Cafetaría La Carabela. A Valenzá. Martes, 17 de maio de 2022

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario