miércoles, 12 de diciembre de 2012

A ESTRADA DO POLÍGONO



              Desastre de estrada! A do polígono de San Cibrao das Viñas. Ou a coñecida como rúa número 1, ou rúa principal. Fochancas. Desniveis. Afundimentos. Buracos. Parches. Pero, o peor de todo, sen pintar ou, aínda que estea pintada, as raias hai xa tempo que non se ven. Os que adoitamos cruzar o polígono todos os días polas mañás, moi cedo, ou sexa, a escuras, sabemos o que iso significa: auténtica aventura para conducir porque é rara a mañá na que, nesa zona, a néboa é dona e señora da paisaxe. Nunca é un pracer conducir con néboa, nin con chuvia, nin coa densidade de tráfico existente. Hai pouco parchearon un bo cacho dun carril, pero quedou peor que estaba. A proba é que os vehículos axiña se desvían para o outro carril e así evitar os bambeos dos coches e os berros dos parafusos. Desastre de estrada! O peor é... ata cando?

              Cafetaría do pavillón dos Remedios de Ourense.
              Martes, 11 de decembro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario