sábado, 15 de diciembre de 2012

A GRAN CAGADA



              Penso que foi un bo alcalde para A Coruña. Penso que foi un bo político e un excelente orador. Pero tamén penso que, ás veces, chocheaba bastante cando falaba en contra do nacionalismo galego e da nosa lingua. Non obstante, a gran cagada de Paco Vázquez chegou o outro día cando declarou que non había diferenza entre “un xudeu cunha estrela amarela perseguido polos nazis e un neno catalán castigado por falar castelán no patio do colexio”. “Non hai diferenza, é unha opresión”, rematou. Pola idade que ten tivo que vivir á forza a opresión do castelán sobre o galego, a non ser que “en La Coruña”, nos seus tempos e no seu colexio, tododeus falase xa o castelán. Pero eu, que son máis novo ca el, tiña que falar á forza o castelán na maioría dos sitios con algunha significancia; chamáranse escolas, colexios, igrexas e, incluso, personalidades. “É inconcibible que un neno sexa castigado por utilizar a súa lingua materna”. Pois si era castigado, señor Vázquez… por falar o galego. O BNG díxolle que se mirase ao espello, algo que cabreou aos compañeiros de Paco e pídenlle a aqueles unha rectificación. E digo eu; non sería o propio Paco Vázquez o que tería que rectificar a gran cagada cometida.

              Finca Fierro. Sábado, 15 de decembro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario