martes, 11 de diciembre de 2012

DÁNDOLLE Á BEBEDEIRA



              Queda a xeada facendo das súas na horta de Clodomiro Segovia León e un rato acocha debaixo do palleiro de Anastasia Santurce Rodríguez. A noite é fría. O movemento demóstrase andando. Luis Soriano Sanjuán anda pola carreira que o leva desde un punto de inicio ata un punto final. O inicio está na Aira do Forno e o final, seguro que se atopa en algún bar da vila. Luis Soriano Sanjuán dálle de carallo ao “alpiste”; desde a mesma mañá ata a noite. Despois amansa a bebedeira cantándolle ás vacas que ten na corte e dándolle algún que outra vareada cando nota que non lle fan caso. A uns metros da corte de Luis está a casa de Anastasia Santurce, que escoita todas as barrabasadas que cospe o seu amigo e veciño. A ela tan só lle queda rezar e tapar os oídos. Acocha entre as mantas e, ao mesmo tempo, escapa do frío.

              Café Viena 17 de Ourense. Luns, 10 de decembro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario