domingo, 16 de diciembre de 2012

A MÁIS ARREPIANTE MASACRE



              A mellor forma de evitar unha masacre é non tendo os utensilios necesarios para cometer a mesma. Estados Unidos está chea armas nas casas, nas familias e así, de cando en vez, incluso moi a miúdo, bota logo as mans á cabeza cando as masacres se suceden en colexios, institutos, cines, etc. A masacre acaecida en Newtown é a máis arrepiante de todas porque nela, a maiores de haber moitas vítimas, a gran maioría eran nenos de moi pouquiños anos. Os nenos sempre son os maiores protagonistas nas nosas vidas (para o bo e para o malo). E tras isto, Estados Unidos seguirá sen reaccionar, debido tamén a que a sombra da Asociación Nacional do Rifle é longa e chega ata onde chagan as balas, ata o corazón dos que pensan que as armas nas casas son unha boa defensa, pero que, na realidade, liquida a máis xente ca que morre nas propias guerras dos ianquis.

              Finca Fierro. Domingo, 16 de decembro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario