jueves, 20 de diciembre de 2012

EN CLASE TURISTA



              É normal que ás veces a rabia se nos suba “ás entendedeiras” cando lemos ou oímos comentarios de certos personaxes que pensan que son os amos do mundo. Estes días acaba de meter a pata coas súas declaracións o presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, Gonzalo Moliner, ao lamentar viaxar en clase turista “porque non é a mellor imaxe” que pode causar ante os paisanos de a pé. Non sei o que lle aconteceu a moita xente, pero a un servidor, cando oíu e leu estas declaracións, tan só lle saíron bocaladas, blasfemias que aquí non se poden reproducir. Señor Moliner, a mellor imaxe que pode amosar ante os “turistas” é impartir xustiza, aínda que, ante a súa xesta, tamén imaxino que aí diferenciará entre ricos e pobres, entre o poder e a miseria, entre o elegante e o baldroeiro. Hai que ter perendengues... en clase turista!

              Maceda. Xoves, 20 de decembro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario