Caos na mente do poeta cando
disimula uns versos mal feitos e sen punto final. Ruxerruxe nas follas dun
libro que ninguén le. Si, unhas mans pasan esas páxinas e uns ollos percorren
as liñas escritas por un autor que non soubo dicir as cousas e por un lector
que nin tan sequera as le. Caos na vida dun estudante que empeza e na vida dun
soldado que marcha. Hai palabras que matan como as balas; pero nin o estudante
as sabe usar nin o soldado as sabe disparar. Caos en certas idades e en certas
ordes que reflicten a impotencia dunhas mentes aínda inocentes. Caos na
relación entre un verso e unha batalla, entre un poema mal escrito e unha
guerra mal levada. Todas as guerras están mal levadas. Caos.
Biblioteca da Valenzá. Luns, 3 de
decembro de 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario