martes, 18 de diciembre de 2012

A FIGURA DA NAI



              A miña nai chamábase Lola, a Lola da Amparo. O meu pai chamábase, Manolo, o Manolo da Lola. Eu son o Chito da Lola. E os meus irmáns son os fillos da Lola. E os netos serán sempre os netos da Lola, da Lola da Amparo. Coma nós, infinidade de familias; o que demostra que practicamente todo nesta vida está baseado na figura da nai. Que terá unha nai para que estea sempre na cúspide de cada un. A lingua nai. Rosalía de Castro, a nai dos galegos. Cando nos queixamos: Ai, mamaíña! Cando nos sentimos perdidos: miña nai querida!Sempre as nais polo medio. Sempre. E cando non están polo medio, o baleiro que notas ao te arredor é inmenso. Nótaste desvalido, perdido, desamparado, cego, so. Nai que as pariu!, como se botan de menos! Menos mal que non as esquecemos nunca.

              Maceda. Martes, 18 de decembro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario