jueves, 13 de diciembre de 2012

NA DEFENSA DUN NOME



              Si, xa sei que cada vez que digo que me chamo Radamel, todo o mundo salta con aquilo de “home, igual que Falcao!”. Pero precisamente aí está a diferenza, no apelido. Eu non me chamo Radamel Falcao, senón que me chamo Radamel Carreia Callejón. De todas formas, cansado xa de tanta comparación, fago coma que disimulo e pregúntolles quen é Falcao? “Home, por Deus, non me digas que non sabes quen é Falcao!”. Sei perfectamente quen é Falcao. Hai outros que se burlan un chisco dos meus pais por poñerme ese nome, entre eles, toda unha institución como é o xornal El País, pero xa lles mandei unha carta sobre a fermosura dese nome. Non me digades que Radamel non é bonito? Radamel Carreia Callejón. Aí queda iso! E non Radamel Falcao, que cambia moito o asunto. El é famoso (e rico, digo eu) Eu son... un de tantos e coa crise na chepa.

              Maceda. Xoves, 13 de decembro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario