miércoles, 19 de diciembre de 2012

BALAS SILENCIOSAS



              Balas que rebentan cabezas. Choros que se acubillan nas penas. Saloucos que bañan as almas. Dor que corroe os nervios. Armas que matan. Despois do ruído chegan os lamentos. Logo dos lamentos volven os negocios. E os sentimentos cúranse a base de deixar pasar o tempo. E a rabia amansa baixo unha promesa de control de armas. Promesas rotas. Os revólveres son un capital. Os fusís de asalto, un salvoconduto económico dunha morea de almas sen conciencia. Armas que matan. Miseria na sociedade de certos países. Buscan a tranquilidade con armas distribuídas por toda a casa, á man de mozos que soñan un día con emular a personaxes aloucados, que pensan que a fama se acada con centos de tiros mal dados. Balas silenciosas que penetran nos corazóns de cativos que non chegan nin a soñar con algún heroe que os salve. Armas nas casas. Desgrazas anunciadas.

              Cafetaría do pavillón dos Remedios de Ourense.
              Martes, 18 de decembro de 2012.
              Maceda. Mércores, 19 de decembro de 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario