viernes, 30 de mayo de 2014

A TURBA VOLVEUSE HIENA


              Díxolle o árbitro ó chifre: vou pitar.. Díxolle o pito ó árbitro: non me asubíes que me quedo xordo. Mais o árbitro asubiou e foi aí cando se desencadeou o inferno. Uns polo si. Outros polo non. Algúns polo roubo. Outros cantos polo atraco. Nunca chove a gusto de todos, berro un imparcial. E, non obstante, logo da tempestade volveu a calma. Por pouco tempo. Porque o árbitro berroulle de novo ó asubío: vou pitar de novo aínda que me caian chuzos. E o chifre, entre o ruído infernal, deixouse oír: non me asubíes porque dos tronos axiña pasamos ós lóstregos. E hai lóstregos que queiman, incluso que matan. Malia a advertencia, o árbitro asubiou. E foi aí cando o ruído se volveu silencio para, ó momento, estourar a tormenta, rebentar o inferno. E uns, por un lado, correron cara ó árbitro. E outros, por outro lado, cuspiron sobre o asubío, sobre o pito, sobre o chifre. A turba, a masa, a inconsciencia deixou de pensar e volveuse miseria, volveuse ruindade, volveuse hiena.


              Café Oren Express da Valenzá. Martes, 27 de maio de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario