jueves, 22 de mayo de 2014

TRES ANGUSTIAS


              Que angustia! Por culpa do tempo. Ás veces caen trombas de auga. Ás veces sae o sol. E co que hai que facer na viña! Maldito tempo! Se seguimos así, xa me vexo atando na rama das vides o domingo, os domingos. A rama crece. O sulfato hai que dalo. O tractor tense que meter polas gabias. Ou ato ou sulfato coa manga. Hai que atar! O tempo non me deixa! Que angustia!
              Que angustia! A política. A política cansa. Estes días estamos de política e de políticos ata as orellas. Por culpa das eleccións europeas. Que angustia! O oír tantas mentiras. O escoitar tantas promesas. O ver tantas loitas, tantos ataques duns cara ós outros. Maldita política! Pobres políticos!
              Que angustia! A gran final. Quen ganará? O Atlético de Madrid? O Real Madrid? Oxalá a Liga de Campións aterre na cabeza de Neptuno! Os colchoeiros, este ano, merecen todo o habido e por haber. Coa terceira parte do presuposto do seu rival, está aí. E xa levou a liga española. Upa Atlético! Que angustia! Ata o sábado á última hora.


              Café Oren Express da Valenzá. Mércores, 21 de maio de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario