martes, 20 de mayo de 2014

NOS RECANTOS DA IGNORANCIA


              Ale. Xa está. As portadas... e van que chutan! As letras galegas. Moi bonito o escaparate. Pero a rebotica... ai a rebotica, a trastienda! Os xornais galegos son así; póñenche o bico doce na portada con todas as palabras na nosa lingua para, na segunda páxina, volver ó asoballamento dun imperio. Todos os anos a mesma historia. Os xornais galegos son como a Xunta: moito falar das Letras Galegas para usar sempre o castelán; os xornais, nas súas páxinas e a Xunta nas súas xornadas, xuntanzas, conferencias, etc. Por iso cada vez entendo menos que o 17 de maio sexa festivo. Para que? Para festexar a un escritor sobre o que escriben en castelán? Para festexar a unhas letras que só se usan nas portadas dos periódicos?. Nos colexios as letras galegas acurrúnchanas, acurrálanas nos recantos da ignorancia. Nas institucións da Xunta non teñen nin recanto. Triste país o noso que non apoia, que non defende a súa propia lingua! Cando a lingua é a esencia, a cerna, o carácter dun pobo, a alma do pobo. Non queren que teñamos alma!


              Café Aitana 39 da Valenzá. Sábado, 17 de maio de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario