jueves, 29 de mayo de 2014

POLAS AUTOVÍAS DUN POETA


              Collo o touro polos cornos para que non me tope. É un dicir. Calquera colle a un animal deses! En tal caso, collelo polo rabo. Corro detrás dun merlo para que non me coma os chícharos. Pero, claro, tamén é outro dicir. Cómo vas correr detrás de algo que voa. Acaso corres ti detrás dun avión? Acaso corres detrás dun verso mal escrito? E como sabemos que está mal escrito? Ninguén é capaz de correr polas autovías da mente dun poeta. Canto unha cantiga de desolación, de desconsolo ante o ambiente corrupto da política e dime o xílgaro do relato que dúas e dúas nunca son catro. Vai ti saber! A verdade é que eu de matemáticas ando peixe. Ale, xa a cagaches, Burt Lancaster; nin son peixe nin os peixes andan. É complicado buscarlle tres pés ó gato. Máis ou menos como coller os touros polos cornos. Estou chegando á conclusión de que as autovías da mente dun poeta teñen demasiadas curvas e nunha delas a vida pódese esnafrar contra o remate do poema.


              Café Aitana 39 da Valenzá. Martes, 27 de maio de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario