lunes, 19 de mayo de 2014

A VERDADE SOBRE O CASO HARRY QUEBERT




            O pasado xoves, 15-05-2014, acabei de ler o libro A verdade sobre o caso Harry Quebert (La verdad sobre el caso Harry Quebert, 2012), de Joël Dicker. Sobre este libro lera e oíra falar moito e ben. E a verdade é que as súas 660 páxinas non decepcionan, entreteñen unha barbaridade e a pesar do seu volume, non cansa. Como din en algúns spots publicitarios, é deses libros que enganchan e que desexas ler neles de continuo.

CONTRAPORTADA:

Todo o mundo falaba do libro. Esta é a primeira frase de A verdade sobre o caso Harry Quebert: unha profecía autocumprida, pois o libro de Joël Dicker xa se transformou nun fenómeno mundial.”           (Le Monde)

Quen matou a Nola Kellergan é a gran incógnita a desvelar neste thriller incomparable cuxa experiencia de lectura escapa a calquera tentativa de descrición. Intentémolo: unha gran novela policial e romántica a tres tempos -1975, 1998 e 2008- acerca do asasinato dunha moza de quince anos na pequena cidade de Aurora, en New Hampshire. En 2008, Marcus Goldman, un xoven escritor, visita ó seu mentor –Harry Quebert, autor dunha aclamada novela-, e descubre que este tivo unha relación secreta con Nola Kellergan. Pouco despois, Harry é arrestado, acusado de asasinato, ó atoparse o cadáver de Nola enterrado no seu xardín. Marcus comeza a investigar e a escribir un libro sobre o caso. Mentres intenta demostrar a inocencia de Harry, unha trama de segredos sae á luz. A verdade só chega ó final dun longo, intricado e apaixonante percorrido.

“Se vostede mete o nariz nesta gran novela, está perdido: terá que seguir ata o final. Sentirase manipulado, desorientado, asombrado, irritado e apaixonado por unha historia con moitas sorpresas e falsas pistas…”
Bernard Pivot (da Academia Goncourt), Le Journal du Dimanche.

“Mozo ou vello, lector esixente ou fácil de contentar, muller ou home, lerá sen interrupción, ata a derradeira páxina, a novela de Joël Dicker. Sairá dela esgotado e exultante polo chorro continuo de adrenalina literaria que o autor non cesou de inxectar nas súas veas…”
Marc Fumaroli (da Academia Francesa), Le Figaro Littéraire.

SOLAPA DA PORTADA:

Joël Dicker naceu en Suíza en 1985. A súa primeira novela, Os derradeiros días dos nosos pais, está baseada na descoñecida historia dunha unidade de intelixencia británica encargada de adestrar á resistencia francesa durante a Segunda Guerra Mundial e resultou ganadora en 2010 do Premio de Escritores Xinebrinos. A súa segunda novela, A verdade sobre o caso Harry Quebert (2012), descrita como un cruce entre Larsson, Nabokov e Philip Roth, recibiu o favor do público e da crítica máis esixente, e foi galardoada co Premio Goncourt des Lycéens, o Gran Premio de Novela da Academia Francesa e o Premio Lire á mellor novela en lingua francesa. A súa tradución a trinta e tres idiomas confírmaa como o novo fenómeno literario global.

SOLAPA DA CONTRAPORTADA:

“Nunca me recomendaran tanto un libro… O magnetismo da intriga é o elemento que prevalece… Un compendio de resonancias que pasan polas series Twin Peaks e O caso da escaleira, John Grisham, Psicosis e O excorcista, o New Hampshire de John Irving…”
Sergi Pàmies, La Vanguardia (“La moda Joël Dicker)

“¡Que libro! Saímos K.O…. O autor resérvanos un último golpe completamente inesperado e absolutamente xenial… Unha obra de ficción excepcional que se devora dun trago. Un libro inmenso.”
Die Warte.


E seguen varias críticas máis estranxeiras gabando o libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario