viernes, 23 de mayo de 2014

PARA “A CAPA CAÍDA”


              Vai para un mes que lin unha noticia sobre agricultura na que se dicía que o sector primario en Galicia está “de capa caída”, aínda que o viño seica é unha excepción notable, porque semella que as bodegas mantiveron e incluso incrementaron ventas en medio da borrasca económica. E digo eu, que borrasca económica? Será a nosa, a dos viticultores; porque a deles... como pagan tan ben o quilo da uva! Case é normal que incrementen as ventas. Á nosa conta! E despois vai o presidente do consello regulador do Ribeiro coa declaración de que “aposta por reducir tensións entre viticultores e bodegueiros”. Boa proposta, pero, quen non se cabrea? Tal como pagan todos as uvas é normal que miremos co ollo esquerdo ós bodegueiros, non si? Uns non queren as uvas e os que as recollen... os que as recollen é mellor calar, por medo a que non as collan. Tamén é verdade, e xa o dixen noutros relatos, como non as queiran non volvo andar arrastro por institucións nin bodegas, nin en manifestacións nin en peches; unha viña máis para “a capa caída”.


              Café Aitana 39 da Valenzá. Martes, 20 de maio de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario