viernes, 16 de mayo de 2014

UNHA XORNADA GALEGA… EN CASTELÁN!


              Como se fora o demo. Escribo este relato o Día das Letras Galegas para facer unha pequena defensa da lingua galega, a mesma defensa que se presupón que tamén leva a cabo a propia Xunta de Galicia, polo menos este día. Efectivamente, é un dicir. Porque a nosa Xunta comete unha incongruencia detrás doutra. Non hai moito celebrouse en Ribadavia unha xornada sobre o manexo do solo e fertilización do viñedo, patrocinada e imaxino que subvencionada pola propia Xunta. Unha xornada galega en Galicia para galegos… en castelán! Faltaría máis! Dous profesores de universidades galegas, un investigador nunha estación vitícola galega e un enxeñeiro agrónomo nunha empresa galega impartindo o programa en castelán. Desculpo o enxeñeiro agrónomo porque, aínda que leva anos en Galicia, é arxentino; pero os demais… home, por Deus!, e a Xunta de Galicia colaborando con isto. De pena. E de pena tamén foi o remate da mesma: que clausuraron a xornada a conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, o presidente do Consello Regulador do Ribeiro, Miguel Ángel Viso, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, sen tan sequera asistir á xornada. Como se adoita dicir, chegaron xusto para a foto, que é o que realmente interesa. Como se pode clausurar algo que non se coñece? E se chegaramos a falar do espírito maligno? É igual, clausuraban igual. A foto, lector, a foto…


              Finca Fierro. Sábado, 17 de maio de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario