miércoles, 21 de mayo de 2014

TITULAR PARA UN CABREO


              A calor era tan intensa pola rúa principal da vila que Urbano Cidade Sopero optou por meterse na primeira cafetaría que atopou á súa dereita. Non había ninguén, pero o aire acondicionado estaba a tope. Coma Deus!, pensou. Non tivo que mirar moito para buscar un periódico. Á súa beira atopábanse dous. Colleu o primeiro e xa na propia portada a súa expresión non era a mesma coa que entrou. En letras ben grandes leu: “Cada eurodeputado manexa ó ano 500.000 euros en soldo e gastos”. Logo, en letras máis pequenas, outra labazada: “Un parlamentario raso gana un 23% máis có presidente do Goberno”. O final da frase fíxoo sorrir. “Para o que fai”, pensou (e enténdese que se refería ó presidente) Claro que tamén o que fai o parlamentario... Urbano Cidade Sopero saltou a páxina na que se desenvolvía a nova destacada na portada; non quería cabrearse máis e moito menos cuspir a rabia coa camareira cando esta lle serviu o café. Optou por deterse nos deportes para facer tempo, para que a sombra se apoderase da rúa principal de Baños de Molgas.


              Café Oren Express da Valenzá. Luns, 19 de maio de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario