martes, 27 de mayo de 2014

UNHA ESQUIZOFRENIA SOÑADORA


              Queimeime coa brasa dun cigarro e a vinchoca que asomou no dedo soñou con pecharse un día no conto dos alieníxenas. Que cousas ten a pobre vinchoca! Rastreo as pegadas dun escornabois e cando levo inspeccionado uns dez metros dígome que estou seguindo a un escornabois. Son pegadas que se amosan no po, na voaxa e cada quince centímetros unha palla de herba atravesa o rastro. Eu sei que é para despistar. Pero non me despisto. Sei que estou seguindo as pegadas dun escornabois. Pasados os dez metros empecei a pensar se non sería o rastro dunha vacaloura. Vai ti saber! Ó final si me despistaron as palliñas atravesadas. Arrefrío a vinchoca queimada con auga quente da burga de Baños de Molgas e sei ó momento que a miña cabeza non regula ben. Hai detalles, palabras, feitos, accións que me descobren unha esquizofrenia soñadora de tres pares de narices (ou sexa, seis) e unha cunca de caldo. Caldo de grelos. Caldo de verzas. Caldo de repolo. É igual. O caso é que sexa unha potaxe de verduras.


              Café Aitana 39 da Valenzá. Xoves, 22 de maio de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario