Segue a violencia no fútbol. E
seguirá. Pero, coidadiño, non lle botemos só as culpas ós rusos,
pois vin unhas imaxes na tele nas que eses radicais ían escoltados
pola policía, mais ó chegar a certo lugar, zas, alí os estaban
esperando os radicais bilbaínos. Conclusión: tal para cal. Remedio:
se eu fora a UEFA suspendía automaticamente ós dous clubs de por
vida. E que culpa terán os clubs? Toda. Polo menos para min. Os
clubs saben perfectamente dos seus ultras. É máis, xa se sabe e
tamén se viu como xogadores do París Saint-Germain se citaban cos
seus ultras para alborotar o cortello en clara referencia ó partido
de volta dos oitavos de final da Liga de Campións contra o Real
Madrid.
Algún lector pensará que non se pode ser tan drásticos. Pero hai que lembrar unha vez máis que ó ser humano mentres non se lle meta man onde máis lle doe non é capaz de recuar. Temos o caso, por exemplo, da condución, que mentres non nos multan, non escarmentamos. Ós ultras radicais, se lles pomos partidos diante dos seus ollos van seguir facendo das súas. Algo semellante ó que acontece en Estados Unidos coas armas: que téndoas nas mans úsanas. Se non as tiveran... Se os seus equipos non xogaran... É a única acción que entenden. Así de simple e de sinxelo. Tamén se poden buscar máis culpables. Tamén. Porque xa había días que se sabía o que acontecería coa chegada dos rusos. Por experiencia. Porque son como son. E sabéndoo, por que non lles paramos antes os pés? Porque os intereses son os intereses, e despois, se pasa algo, botamos as mans á cabeza e axiña as baixamos. É como cando se pide perdón. É tan fácil pedir perdón, que dis “perdón” e xa está. Neses campos de batalla pasa o mesmo: botas as mans á cabeza e con ese xesto xa está. Xa cumpriches coa denuncia, coa pena, co pesar. E ata a próxima. Por iso seguirán os feridos e os mortos, principalmente no fútbol. Porque é o deporte que máis energúmenos atrae.

Finca Fierro. Venres, 23 de febreiro
de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario