A semana pódese dicir que rematou
coa masacre no instituto de Parkland de Florida, da que non penso
escribir máis porque xa se lle fixen un Pingas e porque igual alento
a algúns a mercar máis armas para defenderse. É que, logo dunha
barbarie, dunha carnizaría destas, seica aumenta a venda de armas.
Ou sexa, de mal en peor. Entón case é normal que digas, que penses
que lles está ben empregado.
Galicia quédase en soidade. Galicia
vólvese vella. Levamos un ritmo negativo realmente incrible. Cada
vez somos máis vellos e, polo tanto, cada vez nos sentimos máis
sós. E hai que lembrar que a soidade é quizais a peor enfermidade
do mundo. Claro que, por unhas ou por outras circunstancias, Galicia
sempre estivo enferma. E sempre estará. Temos que empezar a
acostumarnos ó cheiro que deixa a nosa propia gangrena. Aquí nunca
houbo “médicos” (políticos) que souberan poñer un antíxeno.
Aquí os “médicos” (políticos) só poñen inxección letais, ou
o que é o mesmo, inxéctanche veleno.
Hai políticos que soltan frases
esperpénticas e quedan tan panchos, tan cargados de razón. Fíxoo
Javier Maroto, o vicesecretario de política social e sectorial do
PP, ó confesar que “co corrupto, tolerancia cero, nin media broma,
botalo fóra e a por el”. Nin media broma, así é que o digo en
serio: se se segue ó pé da letra a súa frase, o Partido Popular
desaparece do panorama político español. Mira o que foi dicir. E
quedou tan pancho.
Son antimadridista, pero catro ou
cinco días antes xa lles dixera o meu rapaz e o sogro que moito
coidadiño co Real Madrid ante o París Saint-Germain, que o equipo
merengue, en Europa, recoñezo que se transforma, que é perigoso.
Está a darme a razón. O que me confirma que, o fútbol, o 90% está
na cabeza de cada un. Xa podes ser unha figura que como non te
concentres... malo! Xa podes ser maliño que se lle pos ganas... malo
será!
Finca Fierro. Venres, 16 de febreiro
de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario