Son o palafreneiro que coida do
cabalo que non necesita coidados e son o fargallón que vai polas
rúas porque na casa non sei que facer. Son o parágrafo dun escrito
que aínda non se escribiu e o astronauta dunha nave espacial que
está por construír. Son o zalapastrán dun soño. De que soño?
Porque soñar é bonito, pero a realidade é unha zoupada na cara que
te deixa bailando unha muiñeira sen gaita galega.
Que tempos aqueles nos que o son dun asubío variaba segundo para o que o usases. Non é o mesmo asubiar por un can que asubiar por alguén. Non é o mesmo seguir o ritmo dunha canción que moumear por entre os palleiros dunha aira e baixo unha néboa espesa. Son o zalapastrán dun soño. E quero soñar co coxote dun becerro, pero a realidade amósame o ovo grolo dunha pita choca. Hai realidades que van máis alá dos soños e das fantasías interestelares. Por iso é mellor que a ciobra, a xistra chegue dunha vez para asolagar esta seca que nos mantén esmirrados. Son o zalapastrán dun soño. Que soño co que quero ser, pero, a estas alturas, xa non hai volta de folla. Son o badanas desta ladaíña.

Finca Fierro. Luns, 26 de febreiro de
2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario