miércoles, 7 de febrero de 2018

ENERGÚMENOS NOS CAMPOS DE FÚTBOL

Levamos unha semana falando dos xestos despectivos de Piqué celebrando o gol que lle meteu ó Español, pero ninguén fala dos auténticos energúmenos que, por desgraza, existen en todos os campos de fútbol españois. Hai uns días, un partido de alevíns na Coruña (ollo, alevíns, neniños) acabou coma o rosario da Aurora, porque o delegado e, ese día, adestrador do San Cristóbal cruzou todo o campo para propinarlle unha cabezada (como vaca que é) ó pai do árbitro. O árbitro tiña, ten 19 anos, é dicir, outro crío máis.
Pensade neste rapaz vendo como lle zoupan ó seu pai. Pensade nos neniños vendo correr a ese salvaxe. E as federacións de fútbol falan, discuten, estudan, analizan as declaracións de tal xogador ou os ademáns de cal outro. Hai pouco escribín sobre o pai dun xogador (tamén de nenos) que se dedicou vou parte do partido a insultar e ameazar a unha árbitra (tamén nena). Agora mesmo envelénaseme o sangue porque non sei que palabras usar para baduar contra esa chusma que en vez de ser exemplo para os seus fillos convértense en voitres na procura de despoxos, de prea, cando eles mesmos son os que realmente apestan. Ó adestrador apartárono do club. Pallasadas! Sacho e fouciño e a limpar os montes!

Finca Fierro. Mércores, 7 de febreiro de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario