Mira como pasa o tempo por entre os
piornos dunha inocencia que xa non é tal. Hai etapas da vida que
non deberían rematar nunca. Tamén as hai que non deberían existir.
Todo está segundo como se mire, ou se sinta. O mesmo que o tempo,
que unha veces voa e outras faise eterno. Mira como vai o neno por
entre as rúas do barrio da Igrexa. Agocha entre os canastros da aira
e chouta ós palleiros da infancia. Cando cansa senta se está só e
se se atopa coa felicidade de quen lle sorrí, aí xa empeza outra
aventura que vai e vén por entre os recantos escondidos de Baños de
Molgas. A felicidade dun cativo consiste en catro minutos fóra e uns
xogos que non o abandonan.
Mira como soña a melancolía dun instante que xa foi, dun momento que se recorda. Ás veces a nostalxia mestúrase con aquel tempo nos que os minutos eran poucos e os sentimentos, eternos. Mira como roxe un corazón que se mete polo Agro abaixo e senta no mazadoiro da burga para contemplar a vida pasar. Ou simplemente para deter o tempo. Porque aí, nese mazadoiro, o tempo é eterno. Aínda que pasen as horas, sobre el flutúan historias ou momentos que se contaron sen importar as circunstancias.

Finca Fierro. Sábado, 10 de febreiro
de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario