jueves, 15 de febrero de 2018

NON HAI QUEN LLE ASUBÍE

Estou vendo as imaxes dun novo atentado nun instituto de Estados Unidos. E digo o de sempre: que o sinto polas vítimas pero son indiferente ante a acción, ante a propia acción do atentado. Ese rapaz, se non tivera armas, e aínda que fose un tolo ou un energúmeno, non lle quedaría outra que tirarse contra a parede ou, como moito, atacar con algunha arma branca, que aínda que fose mortal, non creo que alcanzase a cantidade dos 17 falecidos a base de balas e máis balas.
Segue agora mesmo a noticia pero falando xa da facilidade que existe para conseguir armas neses país. Ese é o gran problema. É certo que o gran culpable é a persoa, pero sábese que ás veces ou incluso moitas veces, por unhas ou por outras causas, crúzansenos os cables. E cando nos cabreamos ou cando queremos chamar a atención botamos man do máis mortífero. Non sinto aflición pola acción en si. Dóenme as vítimas. Eran mozos novos. Agora, os pais e os cidadáns que lles vaian bicar o cu ó presidente da Asociación Nacional do Rifle, James W. Porter II, e ós seus vasalos, principalmente políticos, por negarse a prohibir as armas. Non será o último atentado. Porque non hai quen lle asubíe á industria do armamento.

Finca Fierro. Xoves, 15 de febreiro de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario