lunes, 5 de febrero de 2018

A RÚA DO PASEO DE OURENSE

A rúa do Paseo de Ourense. A rúa do Paseo de Ourense está mal nomeada. O rúa do Paseo de Ourense non ten nada de paseo. Nin, por suposto, é peonil. Un día que pasei por alí déuseme por contar o tráfico rodado que circulou, ollo ó dato!, só desde a entrada do parquin ata a desembocadura ou finalización do Parque de San Lázaro, ou sexa, un cachiño de rúa.
Pois ben, vin aparcados dez vehículos (pequenos e furgóns de carga) e pasáronme a dianteira outros dez. De peonil non ten nada. Nada de nada. Moito furgón descargando. Si, o da descarga... ata alguén pode pensar que teñen dereito para deixar os paquetes ou caixas de bebidas ou calquera outros aparellos ou materiais. A eses confésolles que eu, de rapaz, levaba feixes de nabos ó lombo desde a Lagoa ata a miña casa en Baños de Molgas, a máis de un quilómetro de distancia. E ollo ó que digo: nabos; que sendo como son eu puro óso, sen febras e, moito menos, sen sebo ou graxas, as cabezas dos nabos mancábanme de tal maneira que non conseguía poñerlle postura ó feixe no meu lombo. Así é que ninguén poña a escusa de transportar os vultos desde a distancia. A rúa do Paseo de Ourense non ten nada de paseo.

Finca Fierro. Luns, 5 de febreiro de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario