domingo, 11 de febrero de 2018

A PEOR DAS VIOLENCIAS

As rifas, ó final, case sempre acaban en violencia. Incluso, ás veces, as bromas. Estas empezan con toda a inocencia do mundo, pero cando a broma vai collendo o camiño da burla, aí xa empezan as expresións e os xestos a cambiar. E como un non se deteña a tempo, xa está: dos feitos á violencia non hai nin tan sequera un treito. Actuamos moitas veces sen pensar, ou, mellor dito, pensando ben: sacando o demo de dentro para que se saiba o que vale un peite. Tamén se sabe que as rifas familiares, as burlas familiares e a violencia familiar é a peor de todas. Practicamente case sempre acaba en drama, en auténtico drama.
Máis ou menos o que pasou no mes de decembro de 1906, que con data 18 e polo xulgado instrutor de Allariz incoouse sumario a consecuencia da morte de Gerardo Ferreiro Hermida, veciño de San Pedro de Ribeira (aínda que no xornal no que atopei a noticia pon, por erro, San Pedro de Ribadavia), termo municipal de Baños de Molgas, cuxa morte produciuse por unha puñalada que lle inferiu, que lle meteu no ventre o seu cuñado Antonio Fernández, veciño de Brandín, do mesmo concello. Aí está a peor das violencias: a familiar.

Finca Fierro. Domingo, 11 de febreiro de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario