O ser humano vive en continua
incongruencia. Donald Trump quere darlle armas e adestrar ós
profesores para evitar os tiroteos. Ou para que sexan os profesores
os que empecen a disparar. Os cables axiña se lles cruzan a
calquera. E se tes con que cuspir toda a adrenalina que levas
dentro... despois pasa o que pasa. Primeiro cunha man secamos as
bágoas que caen dos ollos por esas traxedias, por esas masacres,
pero ó mesmo tempo xa estamos estendendo a outra man para recibir a
pistola, ou o fusil, ou a arma que mata. Somos así de incongruentes.
Non hai quen lle meta man á Asociación Nacional do Rifle.
Miles de xubilados maniféstanse en
toda España (e con razón) polas súas pensións, sen se decatar que
a maioría deles, a gran maioría deles votaron, votan e votarán a
eses que os están fundindo na miseria. É certo que as maiorías
absolutas non se acadan só cos da terceira idade, pero si coa gran
maioría deles. É o de sempre: moita manifestación, moito berro,
moita rabia, pero ante unha urna de cristal axiña cambiamos a
chaqueta, o parecer. Seguimos sendo así de incongruentes.
Finca Fierro. Domingo, 25 de febreiro
de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario