Alguén
ó mellor pode pensar que estou preocupado porque retrocedo ante o
atranco que atopo
no atallo que me leva ata o nacemento dunha esencia.
Pero non hai por que avergonzarse por
recuar. É mellor acuar
que esnafrarse contra o espectro dun espírito maligno, por exemplo.
Ás veces é necesario andar de recadén.
Dar marcha atrás. Ben sabemos que ó ir sempre para adiante, chegará
un momento en que a peguemos... a labazada, a gadoupada, o
sopramocos.
Que hai que arrodear para chegar á esencia? Que somos galegos, carallo!; arrodeamos o que faga falta porque temos todo o tempo do mundo. Non vou quedar a velas vir. Recúo e punto. Retrocedo. Dou media volta. Non pasa nada. Total, a esencia vai estar alí cando chegue. Sexa cinco minutos antes ou media hora despois. O atranco, teño que recoñecer que era grande... remataba o camiño. Así de simple e de imposible. Non quedaba outra que recuar, retroceder e buscar outro carreiro, outra congostra, outra verea, outra senda, outro traxecto. E que problema hai? Ningún! Que son galego, carallo, e tiro cara adiante! Sempre cara adiante! Aínda que despois haxa que recuar. Non pasa nada. Recuamos. O caso é atopar a esencia.

Finca
Fierro. Xoves, 15 de novembro de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario